INFORMACIÓN  - BTT DA CAÑIZA2019

INFORMACIÓN - BTT DA CAÑIZA2019

REGULAMENTO “BTT DA CAÑIZA2019”

 

1.- A proba cicloturista non competitiva celebrarase o día 18 de agosto de 2019 con saída e chegada ao Concello, e rexerase polo presente regulamento. A saída será as 09.30h-

2.- Recorrido: A proba terá 35 km de recorrido e discorrerá por parte dos montes de A Cañiza.

3.- Participantes: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, hasta un máximo de 250 participantes. Os menores de 16 e 17 anos poderán participar sempre e cando os seus titores legales asinen un documento de descargo de responsabilidade por parte da organización.

4.- Inscrición: Para poder participar na “BTT da Cañiza” deberase estar previamente inscrito na plataforma chronotec.com. Non se lle permitirá a súa participación a ningunha persoa que non teña o dorsal previamente entregado polos membros da organización e que non apareza nos listados facilitados por Cronotec.

O prazo de inscrición remata o 15 ás 24.00h.

5.- O importe da inscrición é de 10€. Dita inscrición da dereito a participar na proba , seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, avituallamento, duchas e cantos obsequios regalos poida conseguir a organización.

6.- Marcaxe: O recorrido estará sinalizado con cinta de plástico de cor branca e vermella, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.

7.- Os/as participantes que se retiren durante o transcurso da proba deberán avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.

8.- Avituallamento: Existirán 2 avituallamentos. Todos serán líquidos e sólidos. Ao remate da proba haberá tamén un avituallamento completo. En cada punto de avituallamento haberá papeleiras para depositar os restos. Todos, participante e organizadores, seremos respectuosos co medio ambiente no que desenvolvemos esta actividade.

9.- Aínda que esta proba ciclo turística é non competitiva, estará obrigado a abandonar a proba todo aquel participante que non cumpra o presente regulamento, non leve o casco posto en todo momento, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal visible ou desatenda as indicacións da organización.

10.- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas  ou a fata de permisos requiridos e necesarios a obrigan ou por forza maior. No caso de efectuar algunha modificación no recorrido, este será comunicado a todos/as os/as participantes  por medio das redes socias.

11.- Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respectar as normas de circulación nos cruces de carretera. Haberá persoal de apoio en todos os cruces.

12.- Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización. Queda prohibido seguir a proba en calquera vehículo non autorizado.

13.- A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

 

Protección de datos

 

Todo participante, ao formalizar a súa inscrición está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou en internet, así como o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes obtidas se poidan usar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.

Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscripción, e consinte que se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable o organizador do evento. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro , de Protección de Datos de Carácter Personal.