Información  - 4,5K POPULAR DE RIBADAVIA

Información - 4,5K POPULAR DE RIBADAVIA

 

 

  • Data: Sábado, 4 de Xaneiro de 2020

 

  • REGULAMENTO XERAL
    • O Concello de Ribadavia organiza o vindeiro Sábado 4 de Xaneiro de 2020, “VI PEDESTRE POPULAR DE RIBADAVIA”.

 

  • HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
    • A proba absoluta disputarase ás 16:30 horas, e terá a Saída e Meta na Praza Maior.
    • A Carreira Absoluta terá 2 distancias de 10Km e 4,5Km, sendo a de 4,5Km de promoción e iniciación.
    • Haberá 5´de diferencia entre as saidas dos 10K e dos 4,5K
    • As carreiras de menores comenzarán as 16:00 excepto as carreiras de Biberóns e Pitufos que comenzarán una vez que rematen a carreira dos maiores

 

  • CATEGORÍAS E ORDE DE SAIDA DOS MENORES
    • A Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano)
    • A continuación, Sub 10 - 500m aprox. (2010 - 2011)
    • A continuación, Sub 12 - 700m aprox. (2009 - 2008)
    • A continuación, Sub 14 (2007 - 2006) e/sub 16 (2005 - 2004)- 2000m aprox.
    • 11:00, Carreira Xuvenil /sub18 – 4.500 m aprox (2003-2002) correrán na carreira de 4,5K cos adultos
    • Carreira biberons (50 metros) (0-1-2 cumpridos no ano) despois da absoluta
    • Carreira Pitufos - 100m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano) depois dos Biberons

 

 

  • CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 10K MASCULINAS E FEMININAS
    • Sub 23: Nados desde 1996 ata o 2001
    • Sénior: 24 a 34 anos cumpridos a 31/12
    • Máster A:  De 35 a 44 anos cumpridos a 31/12
    • Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos a 31/12
    • Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos a 31/12
    • Máster D: + De 65 anos cumpridos a 31/12

 

  • CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 4,5K MASCULINAS E FEMININAS

      -     Sub18 (2003/2002)

      -     Absoluta

 

 

 

 

  • RECOLLIDA DE DORSAIS:
    • O Sábado 4 de xaneiro 2020, ata 30 minutos antes da salida de adultos na secretaría de competición (Concello de Ribadavia)

 

 

  • CONTROL TECNICO DA CARREIRA
    • A carreira estará baixo o control técnico de Cronotec

 

 

  • SISTEMA DE CRONOMETRAXE
    • A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal- Cronotec. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descalificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.

 

  • INSCRICIÓNS E PRAZOS
    • A proba absoluta ten un custe de 5 € a través de cronotec.es ata o 1 de Xaneiro ás 20:30h
    • Todos os inscritos na carreira de adultos terán un obsequio recordó da proba.
    • Menores: A inscripción Gratuíta . A matrícula da proba de menores pode realizarse ata o 2 de Xaneiro en www.cronotec.es

 

  • A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
    • Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
    • Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saida da carreira
    • A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

 

 

  • SERVIZOS
    • Vestiarios e duchas: PAVILLON MUNICIPAL O CONSELLO
    • Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web cronotec.es

 

 

 

 

 

 

  • ENTREGA DE PREMIOS
    • A entrega de premios será ó finalizar a proba dos mais pequenos.
    • Recibirán obsequio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” Nas carreiras de menores recibirán todos un presente
    • Premio Local: 1º e 1ª do Concello de Ribadavia na carreira de 10K
    • Os premios non son acumulativos a excepción do premio Local
    • Equipos: Premio especial por equipos que estarán formados por 5 atletas en chegar a meta, tento que ser a lo menos 2 integrantes do equipo dun sexo (pode ser 3 masculinos e 2 femininos, ou 3 femininos e 2 masculinos).

 

 

  • UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
    • As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
    • Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.

 

  • RECLAMACIÓNS
    • Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.

 

  • DESCUALIFICACIÓNS
    • Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
    • Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas Xerais do Atletismo.
    • As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.

 

 

 

 

 

 

 

  • RESPONSABILIDADE
    • A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
    • A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

 

 

  • LOPD
    • Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados por Cronotec e o Concello de Ribadavia para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.

 

  • COMPROMISO
    • A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

 

 

  • CAMBIOS NO REGULAMENTO
    • A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.

 

  • CONSIDERACIÓN FINAL
    • Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da Xerais do Atletismo.
    • PARA MAIS INFORMACIÓN. A través do e-mail cronotec1@gmail.com