Información  - +10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARIN

Información - +10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARIN

  • Data: Sábado 27 de julio de 2019

 

  • REGULAMENTO XERAL
    • Concello de Marín e Dsport Event AD organizarán o vindeiro Sábado 27 de julio de 2019 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.
  • HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
    • A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda – Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
    • percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
      • 21:00 Carreira biberones (100 metros) (0-1-2  cumpridos no ano)
      • A continuación, Carreira Pitufos - 200m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano)
      • A continuación, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano)
      • A continuación, Benxamín/Sub 10  - 500m aprox. (2010 - 2011)
      • A continuación, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2009 - 2008)
      • A continuación, Carreira Infantil/Sub 14 -  1000m aprox. (2007 - 2006) Circuíto homologado
      • A continuación, Carreira Cadete/sub 16 - 1000m aprox. (2005 - 2004) Circuíto homologado
      • 22:00, Carreira Xuvenil /sub18 – 5.000 m aprox (2003-2002) una vuelta al cicuito +100
      • 22:00 Só carreira adultos, desde Junior/Sub 20 en adiante (2001 e anteriores)

 

  • CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS MASCULINAS E FEMININAS
    • Sub 20 - 23: Nados desde 1996 ata o 2000
    • Sénior: 1995 ata Máster
    • Máster A:  De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
    • Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
    • Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba
    • Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores
  • CIRCUÍTO
    • Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra->Marín-> Bueu) ata Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval –   Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO-313.
  • RECOLLIDA DE DORSAIS:
    • o Sábado 27 de julio de 2019, ata 45 minutos antes da salida de adultos na secretaría de competición (Concello de Marín)
    • Menores: o Sábado 27 de julio de 2019, ata 45 minutos antes da salida de menores na secretaría de competición (Concello de Marín) para os deportistas que se inscribiron pola web

 CONTROL TECNICO DA CARREIRA

    • A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
  • SISTEMA DE CRONOMETRAXE
    • A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal- Cronotec. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descalificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.

 

  • INSCRICIÓNS E PRAZOS
    • A proba absoluta ten un custe de 6 € a través de cronotec.es ata o 23 de xullo ás 23:59h (tarifa reducida).
    • Dende o 24 de xullo a o 25 de xullo 7 ás 22.00 h  (peche definitivo). 
    • Todos os inscritos antes todos os participantes terán como obsequio bolsa técnica e camiseta técnica de competición
    • Menores: A inscripción Gratuíta . A matrícula da proba de menores pode realizarse entre o 15 de xullo ata o 25 de xullo en www.cronotec.es eo 26 e 27 de xullo ou en persoa no salón do Concello de Marín de 10 a 20 horas na entrada do concello.
    • Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde por xentileza do Concello Marín, tendo que facer a inscrición antes do 15 de xullo, a partir do 16 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquer outro deportista.

 

  • A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
    • Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
    • Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saida general da carreira
    • A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

 

  • SERVIZOS
    • Vestiarios e duchas: Vestiarios do Pavillón do Sequelo e plaza de España
    • Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.cronotec.es
  • ENTREGA DE PREMIOS
    • A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na ALAMEDA.
    • Recibirán trofeo conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” e “prebenxamin- putufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
    • Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín

 

 

  • UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
    • As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
    • Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento
  • .RECLAMACIÓNS
    • Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
  • DESCUALIFICACIÓNS
    • Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
    • Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
    • As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
  • RESPONSABILIDADE
    • A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
    • A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

 

  • LOPD
    • Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo DSportevent AD e o Concello de Marín para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.
  • COMPROMISO
    • A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
  • CAMBIOS NO REGULAMENTO
    • A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
  • CONSIDERACIÓN FINAL
    • Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.
    • PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do 6071155726 ou no correo-e addsporteventad@gmail.com
  • Organiza:
    • Dsport Event  AD
    • Concello de Marín
  • Institucional:
    • Concello de Marín
  • Organizador Técnico/carrera menores:
    • San Miguel de Marín.